Canto tradicional galego: tradición e vangarda

Alumnado de varios grupos de distintos niveis da ESO asistiu, o día 20 de maio, á conferencia "Canto tradicional galego: tradición e vangarda", impartida por Carme López Fernández, musicóloga, profesora da área de Didáctica da Expresión Musical da Universidade de Santiago de Compostela (USC) e intérprete en formacións como SondeSeu, Os Minhotos, Raiceira ou Carmela.

A exposición, artellada ao redor de contidos visuais, audiovisuais e sonoros tratados con perspectiva de xénero, estruturouse en catro grandes bloques:

  • Marco conceptual.
  • A investigación sobre o canto en Galicia.
  • O canto tradicional galego.
  • Tradición viva.

Como complemento desta actividade, a rapazada realizou, antes e despois da conferencia, unha enquisa anónima destinada a recoller datos para o proxecto de investigación da USC "Percepcións sobre o canto tradicional galego no alumnado da ESO".


Ana Rodríguez Barreiro


Comentarios