Cantigas ilustradas

Dentro das actividades de celebración do Día das Letras Galegas, dedicado este ano ás cantareiras e a poesía popular oral, alumnado de Educación Plástica, Visual e Audiovisual de 3.º ESO creou ilustracións inspiradas en cantigas tradicionais. Para iso, cada estudante seleccionou unha composición poética, deu forma á súa obra plástica empregando a técnica de estampaxe con goma eva como matriz e, finalmente, gravou un vídeo coa imaxe de fondo e o texto recitado ou cantado. O resultado amósannolo nesta fermosa produción audiovisual:


Alicia Puchades Tella-Villamarín e Ana Rodríguez Barreiro

Comentarios