Obradoiro de globoflexia

Durante o recreo dos martes, na aula de debuxo do centro, está a desenvolverse un obradoiro de iniciación á globoflexia, no cal, mediante a aplicación de distintas técnicas de torsión, as persoas participantes conforman figuras (animais, obxectos etc.) con globos.

Impartido pola profesora Alicia Puchades Tella-Villamarín, do departamento de Artes Plásticas, o taller contribúe á socialización en galego e ao lecer saudable e creativo.


Alicia Puchades Tella-Villamarín e Ana Rodríguez Barreiro

Comentarios