Deseñando igualdade

Para conmemorar o 25N, Día Internacional da Eliminación da Violencia contra a Muller, o alumnado de Expresión Artística de 4.º ESO creou carteis con mensaxes en galego de concienciación, prevención e denuncia da violencia machista e de xénero. Os traballos, elaborados mediante técnicas diversas e maquetados a través da plataforma de deseño e comunicación visual Canva, expuxéronse no vestíbulo do centro para que toda a comunidade educativa puidese aprecialos. Alicia Puchades Tella-Villamarín e Ana Rodríguez Barreiro