Taboleiro da lingua

Malia a decidida aposta deste curso polos medios virtuais e dixitais, o EDLG non renuncia a seguir contando cun espazo físico de referencia para o galego no instituto: o taboleiro da lingua. O taboleiro atópase no corredor da planta baixa, nun lugar de paso cara á cafetaría do centro e, por tanto, moi frecuentado por alumnado e profesorado. O panel de cortiza úsase para fixar avisos, convocatorias, novas, pequenos traballos, fotografías das actividades que se van desenvolvendo, etc., e o alumnado pode xestionalo facilmente e decoralo con motivos alusivos ás distintas estacións ou festividades destacadas no calendario (outono, nadal, entroido, Semana das Letras, etc.).

Nestes primeiros días de curso, o taboleiro anuncia a creación do blog e a páxina de Facebook A fala do Fole.


Ana Rodríguez Barreiro

Comentarios