Comezamos

Inauguramos unha nova xeira neste blog que levaba algúns anos xa sen actualizar. Estreamos deseño e denominación: A fala do Fole, como a nosa páxina de Facebook. A través destas dúas canles compartiremos informacións, experiencias, actividades, etc. en relación co uso e a promoción do galego, tendo sempre presente a ensinanza de Castelao recollida no mural de Trece Trazos que preside o patio do instituto: "Se aínda somos galegos/as, é por obra e graza do idioma".



Ana Rodríguez Barreiro

Comentarios