Magosto 2026

"Non chas quero, non chas quero,
castañas do teu magosto;
non chas quero, non chas quero,
que me cheiran ao chamosco".

En contra do que di a copla popular, o alumnado e o profesorado do Ánxel Fole si quixeron as castañas do magosto, que degustaron con ledicia no recreo do pasado 20 de outubro.


Malia celebrarse este ano algo adiantada, a festa permitiu, alén de xerar espazos para a confraternización, afondar nas tradicións do outono galego e, moi especialmente, no simbolismo das castañas, a miúdo vencelladas co triunfo da vida sobre a morte.



Ana Rodríguez Barreiro

Comentarios