Xornada radiovisual interescolar de Ponte… nas ondas!

O día 24 de abril, alumnado de 1.º BAC do Ánxel Fole asistiu, no Vello Cárcere de Lugo, a unha xornada radiovisual interescolar de Ponte… nas ondas!, asociación cultural e pedagóxica que promove a preservación, a transmisión e a difusión do patrimonio galego-portugués.

A xornada desenvolveuse en dez localidades distintas e contou coa participación de máis de oitenta centros educativos de Galicia e Portugal. A programación, emitida en directo con imaxe e son, incluíu unha gran variedade de propostas, formatos e guións: entrevistas, magazines, intervencións literarias, actuacións musicais… O pódcast do Ánxel Fole versou sobre a improvisación oral en verso e conectou a regueifa coa radio e coa figura de Begoña Caamaño, a quen se dedican as Letras Galegas deste 2026.


O acto celebrado en Lugo pode verse ao completo no seguinte vídeo:

 

Iria López López e Ana Rodríguez Barreiro

Comentarios