Celanova: un paseo pola historia de Galicia
O alumnado de 3.º e 4.º ESO desprazouse ao concello de Celanova o día 25 de marzo para realizar un dos roteiros ofrecidos pola Oficina de Turismo de Celanova e mais a Fundación Curros Enríquez: “Celanova: un paseo pola historia de Galicia”. Alí visitou os seguintes puntos:
a) A vila de Celanova, onde destacan o maxestoso mosteiro de San Salvador, boa mostra do barroco galego; a prerrománica capela de San Miguel, único resto conservado da etapa fundacional do mosteiro; ou a Casa dos Poetas, que foi lar da infancia de Manuel Curros Enríquez e hoxe centra a súa actividade na promoción dos escritores celanoveses (Curros Enríquez, Celso Emilio Ferreiro, Xosé Luís Méndez Ferrín etc.).
b) Vilanova dos Infantes, cun burgo medieval presidido pola torre da homenaxe do castelo, parcialmente derrubado nas loitas irmandiñas.
c) Castromao, cuxo xacemento arqueolóxico constitúe un dos principais referentes da cultura castrexa do noroeste peninsular.
Mónica López Souto, Carmen M.ª Pérez Pardo e Ana Rodríguez Barreiro
.jpeg)
.jpeg)
.jpeg)
.jpeg)
.jpeg)

Comentarios
Publicar un comentario