Profetas

Alumnado de 1.º BAC asistiu o 24 de abril, no auditorio Gustavo Freire de Lugo, á representación da obra Profetas, coprodución de Ítaca Teatro e o Centro Dramático Galego.

Cun texto de Ernesto Is que resultou gañador do XVI Premio Abrente da Mostra Internacional de Teatro de Ribadavia en 2021, a peza está dirixida por Carlos Álvarez-Ossorio e protagonizada por Elea López e Carlos Rebolo. A súa sinopse, segundo se le na web de Ítaca Teatro, é a seguinte:

"Profetas presenta o encontro dunha parella que xa non o é. Dúas persoas que fan balance da súa historia común por medio doutras historias do cinema e da literatura. Cuestións como o compromiso político e artístico, o amor e a creación están presentes nunha peza que funciona como un xogo de agochados, de abismos e de saltos entre realidade e ficción. Un conto que se conta para contarnos".


Ernesta Basanta Cornide, Ana Rodríguez Barreiro e Josefa Teijeiro Veiga

Comentarios