Primeiro contacto co teatro

Alumnado de distintos grupos de 4.º ESO participou os días 28 de febreiro e 14 de marzo no obradoiro "Primeiro contacto co teatro", impartido por Ítaca Artes Escénicas.


O taller, desenvolvido en dúas sesións de cen minutos cada unha, perseguía os seguintes obxectivos:

  • Entender o corpo como ferramenta expresiva e comunicativa.
  • Manifestar e identificar emocións no corpo e na voz.
  • Fomentar o traballo en grupo, a escoita e a empatía.
  • Estimular a creatividade, a imaxinación e a sensibilidade.
  • Afrontar o sentido do ridículo.


Algúns dos contidos que traballou a rapazada para acadar os devanditos propósitos foron:

  • O movemento e a quietude.
  • As emocións básicas.
  • O espazo escénico.
  • A construción de personaxes.
  • A creación de escenas individuais, en parella e en grupo.


Ana Rodríguez Barreiro e Lines Salgado Iglesias

Comentarios