Cumpriuse a xustiza

O Día de Rosalía 2023, celebrado baixo o lema "Cumpriuse a xustiza" (verbas do poema "A xustiza pola man", incluído en Follas novas ), lembramos a Rosalía máis combativa e solidaria, a que tantas veces denunciou as inxustizas do seu tempo (a pobreza, a emigración, a subordinación da muller, o centralismo español...) e defendeu as persoas marxinadas, oprimidas, maltratadas, os "desherdados da fortuna". Seguindo as propostas da Asociación de Escritoras e Escritores en Lingua Galega (AELG) para os centros de ensino, alumnado de 3.º e 4.º ESO do Ánxel Fole seleccionou imaxes de prensa alusivas ás inxustizas do mundo actual e, sobre a silueta do rostro de Rosalía, creou unha colaxe que se acompañou da pregunta "Que diría Rosalía?". Por outra banda, o alumnado tamén compuxo textos (poemas, microrrelatos, pequenos ensaios...) sobre as problemáticas sociais do presente (os conflitos bélicos, a explotación laboral, a desigualdade de xénero, o racismo, o a...