Publicacións

Mostrando publicacións desta data: Xuño, 2024

Galego alén da morte (II)

Imaxe
O curso pasado, realizamos unha serie de visitas a varios dos cemiterios parroquiais da cidade de Lugo na procura de epitafios redactados en lingua galega. Para completar o estudo iniciado entón, o alumnado de PDC de 3.º ESO acudiu o 4 de xuño de 2024 ao cemiterio de San Pedro Fiz de Muxa, onde, unha vez máis, puido constatar a escasísima presenza do galego no ámbito funerario: dun total de 189 panteóns con algún tipo de lenda, ningún posúe inscrición de propiedade na nosa lingua, e só un amosa unha inscrición de defunción en galego. A ficha de recollida de datos completa pode consultarse aquí . A placa en galego atópase no nicho en que repousan os restos do crego  Antonio Gandoy Díaz  (1930-2002), nado en San Fiz e alcumado o Cura da Bicicleta, pola súa afección a desprazarse neste tipo de vehículo. Antonio Gandoy foi delegado de Cáritas Diocesana de Lugo, impulsou o programa educativo dirixido a familias do medio rural Preescolar na Casa e desenvolveu un importante labor social con