Visita ao Centro de Artesanía e Deseño
.jpeg)
Alumnado de 3.º e 4.º ESO visitou o día 17 de outubro o Centro de Artesanía e Deseño de Lugo (CENTRAD), que acolle varias exposicións permanentes dedicadas ao libro, ao traxe tradicional, á cestería e á olería, así como unha magnífica colección de instrumentos musicais e obxectos sonoros. O alumnado detívose especialmente nas catro salas de instrumentos musicais: A sala Antón de Marcos, que recrea o taller histórico fundado no ano 1951 e contén distintas ferramentas e útiles de traballo. A sala Faustino Santalices e Paulino Pérez, onde se reúnen basicamente instrumentos ligados á música tradicional galega. A sala Xelmírez, que alberga, entre outras pezas, reproducións dos instrumentos representados nas ménsulas do pazo de Xelmírez, anexo á catedral de Santiago de Compostela. A sala Pórtico da Gloria, en que se amosan as réplicas dos instrumentos incluídos no pórtico da catedral compostelá e nos manuscritos de Leonardo da Vinci, ademais dunha importante colección de zanfonas. Por ú...