III EnRedando co Galego

Un ano máis, o IES Ánxel Fole participa, xunto con outros centros de ensino da cidade (IES Leiras Pulpeiro, IES Lucus Augusti, IES Muralla Romana, IES Nosa Señora dos Ollos Grandes, IES Sanxillao e IES Xoán Montes), na iniciativa EnRedando co Galego, organizada pola Área de Cultura, Turismo e Promoción da Lingua do Concello de Lugo e mais pola Asociación de Escritoras e Escritores en Lingua Galega (AELG). O 25 de abril tivo lugar na biblioteca do instituto a presentación da actividade, que busca fomentar entre a poboación escolar tanto o uso do galego como a creación literaria e artística a través da lingua. No acto interviñeron o escritor Lois Pérez, o representante do Concello Anxo Lamelo e o Dúo Vaguedades, quen fixo as delicias do público cunha dramatización na que deu vida a Rosalía de Castro e Eduardo Pondal, mesturando reflexión sociolingüística e humor a partes iguais. Durante as próximas semanas, o alumnado participante no programa comp...