Charla do Centro Superior de Hostalaría de Galicia

Alumnado de 1.º e 2.º BAC do IES Ánxel Fole participou, o pasado 26 de setembro, nunha charla do Centro Superior de Hostalaría de Galicia (CSHG), que imparte na Barcia (Laraño, Santiago de Compostela) o grao en Xestión de Empresas Hostaleiras, coas mencións en Dirección Hoteleira e Gastronomía. O CSHG, adscrito á Universidade de Santiago de Compostela (USC), conta cunha experiencia de máis de vinte e cinco anos formando directivos/as hoteleiros/as e xestores/as en cociña para a súa incorporación á industria turística mundial. As instalacións da escola (residencia, zonas verdes, pavillón polideportivo, moderna tecnoloxía...), a educación integral (idiomas, márketing, economía, intelixencia emocional...) e a metodoloxía teórico-práctica, que parte de situacións reais de traballo, converten o CSHG nun referente do seu sector. Ana Pedreira Castro, Ana Rodríguez Barreiro e Rodrigo Vázquez García