Publicacións

Mostrando publicacións desta data: Maio, 2024

As Letras de Luísa Villalta

Imaxe
As pasadas semanas, o alumnado do Ánxel Fole estivo a profundar na figura e na obra de Luísa Villalta (A  Coruña, 1957-2004),  escritora, filóloga e violinista á que se dedica o Día das Letras Galegas de 2024. Entre outras actividades didácticas e lúdicas (visionado dos capítulos da serie documental  Luísa Villalta. A rebelión da palabra , visita á exposición  "Viaxe polo metaverso con Luísa Villalta" , realización de xogos interactivos etc.), a rapazada  de distintos grupos e niveis seleccionou  e gravou textos, fundamentalmente poéticos, da autora homenaxeada. Algúns dos vídeos serán compartidos nas redes sociais ( Facebook e Instagram ) na semana das Letras, co fin de contribuír a espallar a voz de Luísa Villalta entre a comunidade educativa e a cidadanía en xeral. Ana Rodríguez Barreiro

Dende aquí até acolá, galego xa!

Imaxe
O alumnado de 1.º ESO participou o día 8 de maio no Correlingua, festa de reivindicación da lingua galega celebrada neste 2024 baixo o lema "Dende aquí até acolá, galego xa!". A rapazada de distintos centros da provincia reuniuse ás 11:00 h na praza de Santa María e, pouco despois, partiu cara á praza de Pío XII para subir á muralla e dar unha volta completa polo adarve, que se encheu de pancartas e mensaxes a prol do uso do galego en todos os ámbitos, especialmente entre as xeracións máis novas. De regreso na praza de Santa María, leuse o manifesto e deu comezo o concerto do grupo melidao  Cuarta Xusta, de cuxa autoría son os discos  Un novo espertar , co cal xiraron por gran cantidade de salas e festivais do país, e Libre amencer , que están a presentar na actualidade. Ana Rodríguez Barreiro

Visita ao obradoiro de gaitas Lis

Imaxe
Os pasados días 29 e 30 de abril e mais 6 e 7 de maio, alumnado de 2.º ESO visitou, por quendas, o obradoiro de gaitas Lis, que, situado na rúa Aceroleiro de Lugo, comparte barrio (o da Piringalla) co IES Ánxel Fole. Alí, a rapazada foi recibida polo propio responsable do taller, Lis Latas, quen, cunha vida dedicada á  cultura musical galega,  é artesán, instrumentista, vocalista, bailador e profesor de danza tradicional. Da man de Lis, o alumnado puido coñecer a historia do obradoiro, as diversas zonas que conforman as instalacións (sala de tornos, sala de furado, sala de fresado, sala de gravado e impresión 3D e mais sala de probas e estudo de gravación), algunhas das ferramentas e utensilios máis empregados (trades, brocas, gubias, lixas etc.) e o proceso de construción e reparación de gaitas e outros instrumentos de vento (dende a obtención da madeira ata o control de calidade, pasando polo modelado ou o vestido). A rapazada implicouse activamente e gozou coas explicacións e interp